Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta Novas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Novas. Mostrar todas las entradas

martes, 18 de septiembre de 2012

Normas de funcionamento 2012/13


O alumnado entrará no recinto escolar polo portalón como máximo 10 minutos antes do horario lectivo e os transportados tan pronto como cheguen no transporte escolar. Permanecerán no patio ata a hora da entrada, ao tocar o timbre. Nas filas, situarase diante o alumnado transportado. 
Rogamos as nais e pais que acompañan aos seus fillos e fillas ao colexio que deixen libres os accesos ás mesmas.
Tamén lles pedimos ás nais e pais cuxos fillos/as son usuarios de transporte, que non acompañen habitualmente aos mesmos ata o centro. O motivo é o grande número de vehículos e persoas que se xunta na entrada, xa que somos actualmente 627 matriculados no colexio.
O alumnado que, reiteradamente, chegue tarde, incorporarase ao seu grupo na sesión seguinte, para non interrumpir o normal desenvolvemento da mesma.
Ningún alumno ou alumna poderá abandonar o recinto escolar sen asinar a autorización pertinente. As autorizacións están a súa disposición na conserxería do centro de primaria. Recordamos que non se pode abandoar o colexio en xornada lectiva sen unha causa xustificada.
Os usuarios do servizo de transporte deberán avisar no Centro e a persoa acompañante cando non utilicen o servizo.
Segundo a Orde de 22 de xullo de 1997 (DOG 2 de setembro), por motivos de seguridade: “Non poderá acceder ningunha persoa aos espacios didácticos incluídos corredores en horario escolar sen a debida autorización”
Prégase a todos os pais e nais que sexan puntuais á hora de recoller aos seus fillos e fillas.
O comedor escolar funciona dende o 12 de setembro ata o 21 de xuño e neste curso coma no anterior hai mais usuarios que prazas, polo que só poderán comer os usuarios lexitimos de transporte, aqueles que residen a máis de 2 Km do centro.

lunes, 17 de septiembre de 2012

Comezamos un novo curso!!!

Neste curso 2012/2013, coma todos os anos, temos, ademáis dos que xa coñecemos, compañeir@s e mestres/as novos cos cales trataremos de aprender, xogar e convivir do mellor xeito para desfrutar deste curso.

Achegámosvos este vídeo co fin de desexarvos o mellor para este curso, que vivades moitas destas experiencias no noso colexio e sobre todo, que acadedes un dos principais obxectivos da vida, tanto sexades aínda moi pequenos, coma dos que xa non o sodes tanto: ser felices!!!


Aprender a ser feliz from DaBeat on Vimeo.