MARÍA CANOSA
É ENXEÑEIRA DE CAMIÑOS, CANAIS E PORTOS
DE PROFESIÓN E ESCRITORA DE CORAZÓN.
A PRIMEIRA NOVELA QUE LLE PUBLICARON
ESCRIBIUNA CON TAN SÓ TRECE ANOS.
CONTÁMOSVOS TODO ISTO POLO SEGUINTE MOTIVO:
O ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA
REALIZOU NAS AULAS LECTURAS CON:
"RUBICUNDO"
CO QUE COÑECERON A... EREA UNHA NENA CURIOSA
QUE SE DEDICABA A OBSERVAR AO SEÑOR RUBICUNDO,
UN VECIÑO DE COSTUMES ESTRAFALARIAS.
TRÁTASE DUN ANCIÁN QUE ADOITA SAÍR TODOS OS DÍAS
VESTIDO CON CHISTEIRA OU BOMBÍN E PARAUGAS
NUNHA BICICLETA ANTIGA.
FAI EQUILIBRIOS COA BICI NUN ARAMIO ACOMPAÑADO
DO SEU GATO E A MIÚDO CHEGA CO PARAUGAS ESTRAGADO.
TRAS COÑECER OS HÁBITOS DO VECIÑO EREA PRESÉNTASELLE
CUN REGALO...
PARA COÑECER A AUTORA QUE ESCRIBIU ESTA HISTORIA,
QUE FOI FINALISTA NO PREMIO DA XXIX EDICIÓN
DO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL
ACUDIRON AO DENTRO CULTURAL DO CONCELLO
PARA COMPARTIR CONVERSAS CON ELA E EXPOÑERLLE
TODAS AS NOSAS DÚBIDAS...
E POR SUPOSTO NON PODÍAMOS MARCHAR SEN QUE NOS
ASINASE OS NOSOS EXEMPLARES DO LIBRO!!!
MOITAS GRAZAS MARÍA
POLA TÚA VISITA A SIGÜEIRO
E POR TODOS OS VALORES QUE NOS INCULCACHES
COA TÚA OBRA!