Páginas

viernes, 11 de marzo de 2016

O MUSICAL

CASE DUASCENTAS BUTACAS DO AUDITORIO
OCUPAMOS HOXE POLA MAÑÁN
PARA ASISTIR AO MUSICAL
"EL LIBRO DE LA SELVA"


UNHA HISTORIA QUE, A TRAVÉS DE CANCIÓNS, ACROBACIAS
E INCLUSO NÚMEROS AÉREOS, NOS TRANSMITIRON OS 
ACTORES E ACTRICES DO TEATRO MARAVILLAS DE MADRID


O MUSICAL RELATA AS AVENTURAS DE MOWGLI, O NENO RESCATADO
DAS GARRAS DO TIGRE SHERE KHAN E CRIADO POR LOBOS,
QUE MEDRA FELIZ APRENDENDO AS LEIS  DA SELVA.


XA CASE REMATADO O ESPECTÁCULO, 
PRECISARON DA AXUDA DO PÚBLICO...


E REPRESENTANDO AO NOSO COLE,
 SUBIU AO ESCENARIO MARA
(ALUMNA DE INFANTIL 5 ANOS)
PARA FORMAR PARTE DO GRUPO DE "PEQUENOS ACTORES"


SE QUEREDES VER UN POUQUIÑO 
DO ESPECTÁCULO AO QUE ACUDIMOS HOXE....


ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES O MESMO QUE NÓS!!!

3 comentarios:

  1. Un espectáculo precioso... Ana e Antón viñeron encantados, ata nos representaron un cachiño na casa e contaronnos todos o que lle pasou a Mowgli. Parabéns

    ResponderEliminar
  2. E polo que se ve ese Tigre metía medo. Ali onte escoitou berrar aos veciños de abaixo e pensou que era Shere Khan... Jajajjaja

    ResponderEliminar
  3. GRANDES E PEQUENOS DISFRUTAMOS DESTE GRAN ESPECTÁCULO!!!E O TIGRE AO FINAL NON QUEDOU MOI BEN PARADO...

    SAÚDOS FAMILIAS!

    ResponderEliminar