Páginas

martes, 25 de septiembre de 2012

Calendario escolar 2012/2013

Aquí vos achegamos o calendario escolar para este curso. Cabe resaltar que o centro escolleu o 7 de Decembro e o 20 de Maio como días non lectivos para este curso.

Para máis información podedes entrar na seguinte ligazón: Calendario escolar

Tamén podedes observar e imprimir este pequeno calendario:


martes, 18 de septiembre de 2012

Normas de funcionamento 2012/13


O alumnado entrará no recinto escolar polo portalón como máximo 10 minutos antes do horario lectivo e os transportados tan pronto como cheguen no transporte escolar. Permanecerán no patio ata a hora da entrada, ao tocar o timbre. Nas filas, situarase diante o alumnado transportado. 
Rogamos as nais e pais que acompañan aos seus fillos e fillas ao colexio que deixen libres os accesos ás mesmas.
Tamén lles pedimos ás nais e pais cuxos fillos/as son usuarios de transporte, que non acompañen habitualmente aos mesmos ata o centro. O motivo é o grande número de vehículos e persoas que se xunta na entrada, xa que somos actualmente 627 matriculados no colexio.
O alumnado que, reiteradamente, chegue tarde, incorporarase ao seu grupo na sesión seguinte, para non interrumpir o normal desenvolvemento da mesma.
Ningún alumno ou alumna poderá abandonar o recinto escolar sen asinar a autorización pertinente. As autorizacións están a súa disposición na conserxería do centro de primaria. Recordamos que non se pode abandoar o colexio en xornada lectiva sen unha causa xustificada.
Os usuarios do servizo de transporte deberán avisar no Centro e a persoa acompañante cando non utilicen o servizo.
Segundo a Orde de 22 de xullo de 1997 (DOG 2 de setembro), por motivos de seguridade: “Non poderá acceder ningunha persoa aos espacios didácticos incluídos corredores en horario escolar sen a debida autorización”
Prégase a todos os pais e nais que sexan puntuais á hora de recoller aos seus fillos e fillas.
O comedor escolar funciona dende o 12 de setembro ata o 21 de xuño e neste curso coma no anterior hai mais usuarios que prazas, polo que só poderán comer os usuarios lexitimos de transporte, aqueles que residen a máis de 2 Km do centro.

lunes, 17 de septiembre de 2012

Comezamos un novo curso!!!

Neste curso 2012/2013, coma todos os anos, temos, ademáis dos que xa coñecemos, compañeir@s e mestres/as novos cos cales trataremos de aprender, xogar e convivir do mellor xeito para desfrutar deste curso.

Achegámosvos este vídeo co fin de desexarvos o mellor para este curso, que vivades moitas destas experiencias no noso colexio e sobre todo, que acadedes un dos principais obxectivos da vida, tanto sexades aínda moi pequenos, coma dos que xa non o sodes tanto: ser felices!!!


Aprender a ser feliz from DaBeat on Vimeo.