Páginas

jueves, 25 de febrero de 2016

CALENDARIO DE MATRICULACIÓN 2016/2017


O ALUMNADO MATRICULADO ACTUALMENTE
NESTE CENTRO NON PRECISA FACER RESERVA DE PRAZA.

O QUE SE ESCOLARIZA POR 1ª VEZ NO VINDEIRO CURSO DEBERÁ PRESENTAR
NA SECRETARÍA DO CENTRO, DO 1 AO 29 DE MARZO:
  • A SOLICITUDE DE ADMISIÓN ANEXO II, QUE PODEREDES RECOLLER NA CONSERXERÍA DO CENTRO OU DESCARGAR NA PÁXINA DA CONSELLERÍA.
  • FOTOCOPIA DO DNI DO ALUMNO OU O LIBRO DE FAMILIA.
O HORARIO DE ATENCIÓN DA SECRETARÍA É: 
DE LUNS A VENRES DE 9:45 A 10:30 
MÉRCORES DE 13:00 A 14:30
E MARTES DE 16:30 A 17:30

ANTES DO 25 DE ABRIL FARASE PÚBLICA A LISTAXE POVISIONAL
DO ALUMNADO ADMITIDO E
ANTES DO 25 DE MAIO A LISTAXE DEFINITIVA
E SERÁ DO 20 AO 30 DE XUÑO CANDO SE REALICE A FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA







SE TEDES DÚBIDAS, CONTACTADE CON NÓS: 981 691713





miércoles, 24 de febrero de 2016

BABILIGLUB!

OS MÁIS "PEQUES" DO COLE


COÑECERON NO TEATRO PRINCIPAL



UNS PEIXIÑOS MOI ESPECIAIS!!!!


 BABILIGLUB É UNHA OBRA DE MONICREQUES EN LUZ NEGRA 
QUE NADA NUN MAR DE MÚSICA, MOVEMENTO E COR. 
UN DISCURSO POLA TOLERANCIA E A ACEPTACIÓN 
DA DIFERENCIA A TRAVÉS DUN PEIXIÑO QUE SÓ SABE DICIR MIAU!

E QUE NOS FIXO PASAR UN RATIÑO MOI AGRADABLE

PARABÉNS GALITOON!!

GLUB, GLUB, GLUB!!!
MIAU, MIAU, MIAU!!!


miércoles, 17 de febrero de 2016

COOKMAT

O ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA
ESTASE A PREPARAR PARA
PENSAR, COCIÑAR E RESOLVER
MATEMÁTICAMENTE
 OS PROBLEMAS DA VIDA COTIÁ.


A RECEITA FOI (TOMADE NOTA):

       INGREDENTES: ILUSIÓN, COOPERACIÓN E MOITÍIIIISIMAS GANAS DE APRENDER.

       PROCESO:
  1. CHOIVA DE IDEAS
  2. CONSENSO DE NORMAS
  3. FORMACIÓN DE EQUIPOS
  4. ELECCIÓN DE NOME SAUDABLE
  5. DISTRIBUCIÓN DE ROLES
  6. POSTA EN COMÚN






 XA ESTAMOS COAS MANS NA MASA, IMOS COCIÑAR!!!!

ANÍMATE A PENSAR,
COCIÑA CON COOKMAT!

martes, 9 de febrero de 2016

ANTROIDO ADICADO AS MULLERES

COMO XA TODOS SABEDES,
NESTE ANTROIDO
AS MULLERES FORON AS PROTAGONISTAS.


CADA NIVEL ESCOLLEU UNHA MULLER ILUSTRE GALEGA
PARA ELABORAR O SEU DISFRACE
ATENDENDO A SÚA PROFESIÓN: ENFERMEIRAS, XORNALISTAS,
PINTORAS, FUTBOLISTAS, MÚSICAS, PANADEIRAS, COCIÑEIRAS,
HEROÍNAS E INVESTIGADORAS.

E ASÍ FOI COMO ADUDIMOS AO  PASARRÚAS
POR SIGÜEIRO...
(ACOMPAÑADOS EN TODO MOMENTO POLAS "MARÍAS")












...ONDE NOS REUNIMOS CO CRA E O CEIP DE OROSO


MENOS MAL QUE DESPOIS DE TANTO CAMIÑAR
AS AVOAS NOS TIÑAN PREPARADA...



...UNHA BOÍSIMA MERENDA DE ANTROIDO



GRAZAS AVOAS!!!!
CANTO TRABALLO !!!!
E O RESULTADO......
UMMMMM!!!!
(SEN PALABRAS)

E AGRADECER TAMÉN A TODOS OS PAPÁS E MAMÁS
A SÚA AXUDA EN TODO MOMENTO

GRAZAS A TODOS OS QUE FIXÉSTEDES POSIBLE
ESTA FESTA DE ANTROIDO.

jueves, 4 de febrero de 2016

CASA DAS CIENCIAS

A SEMANA PASADA O CEIP DE SIGÜEIRO
ACUDIU A CASA DAS CIENCIAS E AO PLANETARIO
DA CORUÑA, CONCRETAMENTE, 
FORON A XOGAR E APRENDER COA CIENCIA
OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 
ECURSO DE PRIMARIA


NOS DÍAS SEGUINTES A ESTA SAÍDA
ESTIVERON TRABALLANDO NAS
RESPECTIVAS AULAS, SOBRE TODO O QUE ACONTECERA
E É ASÍ COMO NOLO CONTAN...



E COMO NOLO AMOSAN...



BO TRABALLO!!!