Páginas

jueves, 29 de octubre de 2015

MAGOSTO!!

SE VOS ENSINAMOS ESTE DEBUXO,
SABEREDES QUE ACONTECEU HOXE NO COLE?


POIS SI, CELEBRAMOS O MAGOSTO!

COMEMOS CASTAÑAS...


ESCOITAMOS CONTOS DE MEEEEDOOOO...
(ELABORADOS E NARRADOS POLO ALUMNADO DE 5º E 6º)


MOI BO TRABALLO CHIC@S!!


E FIXEMOS A NOSA HABITUAL EXPOSICIÓN DE CABAZAS,
ESTE ANO ADICADAS AS "MULLERES ILUSTRES GALEGAS"


 GRAZAS FAMILIAS POLA COLABORACIÓN!




miércoles, 28 de octubre de 2015

CONCERTO DIDÁCTICO

DENTRO DA PROGRAMACIÓN DO
 AUDITORIO DE GALICIA
ATÓPASE O CONCERTO DIDÁCTICO:

"ACÁBATE LA SOPA"


ESPECTÁCULO AO QUE ACUDIU O ALUMNADO DE
INFANTIL 5 ANOS, 2º E 4º DE PRIMARIA


NEL COÑECERON A MURIEL,
UNHA NENA A QUE LLE COSTA REMATAR A SOPA



MENTRES VAI COMENDO E A TRAVÉS DA SÚA IMAXINACIÓN
@S NEN@S PUIDERON ESCOITAR PEZAS DE ÉPOCAS 
E ESTILOS MOI DIFERENTES
QUE VAN DENDE UNHA MELODÍA MEDIEVAL 
DE GUILLAUME DE MACHAUT ATA A MÚSICA MINIMALISTA 
DE STEVE REICH E PHILIP GLASS, PASANDO POR COMPOSITORES 
DO SÉCULO PASADO COMO SHOSTAKOVICH E EISLER
OU A MÚSICA DE THE BEATLES.

6º EN SOGAMA

O PASADO LUNS O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA
COLLEU RUMBO A CERCEDA...


PARA VISITAR AS INSTALACIÓNS DO 
COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE SOGAMA


EMPRESA ENCARGADA DE XESTIONAR A MAIOR PARTE
 DOS RESIDUOS QUE SE PRODUCEN EN GALICIA

CO OBXECTIVO DE ORIENTALOS CARA ACTITUDES  PERSOAIS 
MÁIS POSITIVAS NO REFERENTE A XESTIÓN DE RESIDUOS  URBANOS,
FOMENTANDO A CULTURA DA SOSTINIBILIDADE E SENSIBILIZÁNDOOS
PARA A SÚA PARTICIPACIÓN ACTIVA NA SEPARACIÓN EN ORIXE DO LIXO.

miércoles, 14 de octubre de 2015

MEDIACIÓN ESCOLAR

O ALUMNADO VOLUNTARIO USUARIO DE COMEDOR
DE 5º E 6º NIVEL
COMEZOU NO DÍA DE HOXE
UN PROXECTO DE 
"RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS"


QUE SE LEVARÁ A CABO AO LONGO DO PRIMEIRO TRIMESTRE
NO QUE SE APRENDERÁN AS ESTRATEXIAS
PARA A RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS ENTRE IGUAIS DE 
MANEIRA NON VIOLENTA

PORASE EN PRÁCTICA TODO O APRENDIDO NA DE RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS NO TEMPO DE ESPERA DOS MÉRCORES,
COORDINADOS POLA PSICÓLOGA
DOS SERVICIOS SOCIAIS DO CONCELLO, MONTSE LATA.


martes, 13 de octubre de 2015

EDUCACIÓN EMOCIONAL

HOXE O ALUMNADO DE 3º E  4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
PARTICIPOU NA PRIMEIRA SESIÓN DO
  "TALLER DE EDUCACIÓN EMOCIONAL"
IMPARTIDO POR MONTSE LATA
(PSICÓLOGA DOS SERVICIOS SOCIAIS DO CONCELLO)


CO OBXECTIVO DE COÑECER E CONTROLAR AS EMOCIÓNS

ESTE TALLER SE DESENVOLVERÁ DURANTE O PRIMEIRO 
TRIMESTRE DO CURSO E SE COMPONDRÁ 
DE TRES SESIÓNS DE 50 MINUTOS CADA UNHA.

ESTÁ DIRIXIDO AO ALUMNADO DE 
1º, 2º, 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.


viernes, 9 de octubre de 2015

"EN CLAVE"

"EN CLAVE" TROUXO AO CENTRO
NAS MANS DE PAULA E ELISA,
UNHA CHEA DE SONS E EMOCIÓNS.
 VIVINDO UNHA EXPERIENCIA ÚNICA 
CO VIOLÍN E O PIANO


OS MÁIS PEQUENOS DO COLE
PUXERON TODO O SEU EMPEÑO
PARA SEGUIR OS CONSELLOS 
DA VIOLINISTA PAULA E DA PIANISTA ELISA


UNHA XORNADA MUSICAL
QUE REMATOU CON UN CONCERTO
ONDE O PASAMOS XENIAL!


GRAZAS "EN CLAVE"




jueves, 8 de octubre de 2015

ACTIVIDADES DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

FÍXOSE PÚBLICA A RELACIÓN PROVISIONAL DOS CENTROS
SELECCIONADOS PARA PARTICIPAR EN ACTIVIDADES
DE INMERSIÓN LINÜÍSTICA EN LINGUA INGLESA
DIRIXIDA A ALUMNADO DE SEXTO CURSO.

TAN SÓ FORON SELECCIONADOS SEIS CENTROS 
DA NOSA COMUNIDADE AUTÓNOMA.
O CEIP DE SIGÜEIRO APARECE NA RELACIÓN DE CENTROS 
EN RESERVA NO POSTO CORENTA E TRES,
POLO QUE NON CONTAMOS CON PODER 
PARTICIPAR NESTA ACTIVIDADE.

jueves, 1 de octubre de 2015

REMATA O PRAZO

HOXE REMATA O PRAZO PARA ENTREGAR AS SOLICITUDES
DE AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR
(DOG DO 1 DE SETEMBRO)

AS PERSOAS BENEFICIARIAS DO VALE
PODERÁN USALO NO CORRESPONDENTE ESTABLECEMENTO
ATA O DÍA 31 DE OUTUBRO DE 2015
(ESTE INCLUÍDO)

AS FAMILIAS QUE SOLICITARON O VALE 
E AINDA NON O RECOLLERON  
TÉÑENO A SUA DISPOSICIÓN NA SECRETARÍA DO CENTRO.