Nesta semana estamos a celebrar o Samaín. Para elo, decoramos todos os espazos do cole con cabazas inspiradas en contos clásicos feitas pol@s nen@s, debuxos, teas de araña, ata temos un recuncho de lecturas relacionadas co tema.
Estos días vir polo colexio, mete moito moito medo!!!!
Mirade:
Iniciamos este blog coa idea de manter informada a toda a comunidade educativa (nais/pais, nen@s, mestres...) do CEIP de Sigüero.
martes, 30 de octubre de 2012
lunes, 29 de octubre de 2012
Cómo nos inflúen os videoxogos?
Nesta época, co auxe das novas tecnoloxías, a sociedade pregúntase ata que punto son necesarias e cómo nos inflúen nas nosas vidas. Neste caso, a través deste documental de Redes, observaremos a cantidade de beneficios que poden ter os videoxogos de disparos e acción, para @s nen@s e os que non son tan nen@s.
Ademáis, no final do mesmo, Elsa Punset ensinaranos a limitar os posibles riscos deste videoxogos , tecnoloxías ou soportes dixitais que hoxe inundan as nosas vidas.
Ademáis, no final do mesmo, Elsa Punset ensinaranos a limitar os posibles riscos deste videoxogos , tecnoloxías ou soportes dixitais que hoxe inundan as nosas vidas.
lunes, 15 de octubre de 2012
Servizo de Atención ás familias e nen@s con problemas de conduta
Dende o departamento de Orientación, infórmase do "Programa ¡EmPeCemos!" da Universidade de Santiago de
Compostela para familias con nenos/as entre 6 e 10 anos que presentan problemas
de conduta. Estrutúrase en 12 sesións de dúas horas.
Para @s posibles interesad@s, solicitar máis información:
- e-mail: udipre@usc.es
- Teléfono: 881 813 769 (martes de 10:00-14:00 e mércores de 15:30 a 17:30.
ASAC - Asociación de Altas Capacidades
Dende o departamante de Orientación, infórmase de que a entidade ASAC, con sede na Facultade de
Psicoloxía da Universidade de Santiago, realiza talleres de enriquecemento e
saídas culturais para estimular as capacidades dos rapaces, proporcionar un
ambiente que facilite a convivencia e o desenvolvemento de habilidades sociais.
Para @s posibles interesad@s, solicitar máis información:
- Teléfono: 661 952 917
- http://www.altascapacidades.org/
- e-mail: Nesta web hai un formulario de contacto a través do que se pode solicitar máis información.
jueves, 11 de octubre de 2012
Cata de Queixos Arzúa-Ulloa en 6º
O mércores 6
de outubro e o xoves 7, visitounos Óscar, representante do Consello regulador
da denominación de orixe protexida do queixo Arzúa Ulloa.
Aquí temos as mellores imaxes da clase de 6ºC:
O motivo da visita era o ensinarnos a catar
queixos, en concreto o que se fabrica no noso ámbito de influencia.
Empezou
explicándonos que os consellos reguladores de orixe protexida dos distintos productos son os garantes de
calidade e autenticidade dos productos elaborados baixo o seu control e
denominación.
Tamén nos
explicou que todos os que chamamos “queixos” non se fan con leite. Hainos que
se fan con tona, outros con restos de queixos ou ben de pastas de baixa
calidade elaboradas xa para ser fundidas.
Para que
sexa un auténtico queixo Arzúa Ulloa debe de ser feito con leite da zona de
denominación de orixe e ter un mínimo de sete días de curación. Para un quilo de
queixo precísanse entre 8 e 9 litros de leite segundo a época do ano.
Mostrounos
nun vídeo como se elabora un queixo nunha queixería e os controis de calidade
que se levan a cabo na súa fabricación.
Comprobamos
que os únicos ingredientes que leva o queixo son o leite, presoiro, sal e
bacterias lácticas que remplacen as que se perden cos tratamentos hixiénico
sanitarios que se fan nos muxidos así como coa pasteurización nas fábricas.
Unha vez que
se fai a masa do queixo, córtase para desorala e prénsase para axudar a
eliminación do soro que podería afectar a acidificación do queixo.O colocar una
gasa que envolva a masa no prensado axuda ao desorado .
Despois da
prensa, o queixo pasaás cámaras onde estará un mínimo de sete días para que
sexa un auténtico Arzúa-Ulloa.
A
continuación pasamos a unha fase máis práctica na que aprendemos a valorar
determinados aspectos dos queixos para valoralos. Estes foron: o aspecto
externo, color olor, untuosidad, sabor.
Empezamos
valorando un queixo que aínda non era un Arzúa Ulloa por teren tan so un día.
Externamente
era moi blanco, de textura corchuda, ulido a iogurt ou leite, ao tocalo era
recio e deixaba a man mollada polo soro que aínda tiña e por último o seu
sabor. Rico!!!
Pasamos a
catar un de 1 semana de curación. Por fóra era máis amarelo. Desaparecera o seu
tacto corchudo e era máis blandiño. Xa non ulía tanto a iogurt, o seu olor era
máis parecido ao da manteiga e, ao pasarlle o dedo por riba, tiña un tacto máis
untuoso, como una crema.
E, xa por
último, catamos un dun mes de curación.Era máis dourado, o olor a manteiga era
máis forte, o tacto era cremoso, e, a verdade….Estaba riquísimo!!!.
Esquecía contarvos
que cando acabábamos a cata dun queixo para pasar ao seguinte, limpábamos a
boca comendo un anaquiño de mazá ou pan torrado sen sal e bebíamos un groliño
de auga e así non confundir características dun cas do outro.
Finalmente fixemos una rolda de preguntas nas que
Óscar nos foi aclarando as nosas curiosidades e dúbidas.Aquí temos as mellores imaxes da clase de 6ºC:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)