Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas, acordou o seguinte:
Para máis información: http://www.edu.xunta.es/web/node/8829
A SUSPENSIÓN das actividades
no exterior das instalacións do centro escolar situados nos concellos
das zonas de predición meteorolóxica do Noroeste, Oeste e Suroeste e
interior da provincia da Coruña, que abrangue a totalidade dos concellos
da Coruña, con seguimento das condicións climáticas.
Diante da eventual extensión do adverso,
prégase que os centros situados na proximidade da costa da provincia de
Pontevedra, realicen un seguimento das condicións climáticas.
Solicítase que permanezan atentos á información subministrada a través da páxina web do CAE112 (www.axega112.org)
e se extreme a vixilancia por se as condicións meteorolóxicas da
localidade de onde se sitúe o centro puideran supoñer un risco superior
ao declarado inicialmente.Para máis información: http://www.edu.xunta.es/web/node/8829