Páginas

miércoles, 20 de marzo de 2013

Alerta por rachas de Vento

A Axencia Estatal de Meteoroloxía Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, durante o día 21 de marzo de 2013, por fortes rachas de VENTO que afectarán a toda a provincia da Coruña.
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas, acordou o seguinte:
A SUSPENSIÓN das actividades no exterior das instalacións do centro escolar situados nos concellos das zonas de predición meteorolóxica do Noroeste, Oeste e Suroeste e interior da provincia da Coruña, que abrangue a totalidade dos concellos da Coruña, con seguimento das condicións climáticas.
Diante da eventual extensión do adverso, prégase que os centros situados na proximidade da costa da provincia de Pontevedra, realicen un seguimento das condicións climáticas.
Solicítase que permanezan atentos á información subministrada a través da páxina web do CAE112 (www.axega112.org) e se extreme a vixilancia por se as condicións meteorolóxicas da localidade de onde se sitúe o centro puideran supoñer un risco superior ao declarado inicialmente.


Para máis información:  http://www.edu.xunta.es/web/node/8829

No hay comentarios:

Publicar un comentario