O alumnado entrará no recinto escolar polo portalón como máximo 10 minutos antes do horario lectivo e os transportados tan pronto como cheguen no transporte escolar. Permanecerán no patio ata a hora da entrada, ao tocar o timbre. Nas filas, situarase diante o alumnado transportado.
Rogamos as nais e pais que acompañan aos seus fillos e fillas ao colexio que deixen libres os accesos ás mesmas.
Tamén lles pedimos ás nais e pais cuxos fillos/as son usuarios de transporte, que non acompañen habitualmente aos mesmos ata o centro. O motivo é o grande número de vehículos e persoas que se xunta na entrada, xa que somos actualmente 627 matriculados no colexio.
O alumnado que, reiteradamente, chegue tarde, incorporarase ao seu grupo na sesión seguinte, para non interrumpir o normal desenvolvemento da mesma.
Ningún alumno ou alumna poderá abandonar o recinto escolar sen asinar a autorización pertinente. As autorizacións están a súa disposición na conserxería do centro de primaria. Recordamos que non se pode abandoar o colexio en xornada lectiva sen unha causa xustificada.
Os usuarios do servizo de transporte deberán avisar no Centro e a persoa acompañante cando non utilicen o servizo.
Segundo a Orde de 22 de xullo de 1997 (DOG 2 de setembro), por motivos de seguridade: “Non poderá acceder ningunha persoa aos espacios didácticos incluídos corredores en horario escolar sen a debida autorización”
Prégase a todos os pais e nais que sexan puntuais á hora de recoller aos seus fillos e fillas.
O comedor escolar funciona dende o 12 de setembro ata o 21 de xuño e neste curso coma no anterior hai mais usuarios que prazas, polo que só poderán comer os usuarios lexitimos de transporte, aqueles que residen a máis de 2 Km do centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario