VEDES MOI EXPECTANTES AOS NENOS E NENAS
DE 1º E 2º DE PRIMARIA,VERDADE?
NON ERA PARA MENOS
POIS ESTABAN MOI ATENTOS AS VERBAS DE
YOLANDA CASTAÑO
(POETISA E CRÍTICA LITERARIA)
COA QUE COMPARTIRON CONVERSA, OPINIÓNS
E SOBRE TODO, MOITA POESÍA!
SE VOS TAMÉN QUEREDES COÑECER A POESÍA
DESTA COÑECIDA POETISA,
AMOSÁMOVOS A PORTADA DO LIBRO
COA QUE ESTIVERON A TRABALLAR
OS PEQUENOS ANTES DA VISITA DE YOLANDA.
E QUE REMATA DESTE XEITO...
Todos estes animaliños
insectos e bechos mariños,
os seus amigos e veciños,
teñen algo que compartir.
entre ánimos e aloumiños
emprenderon os seus camiños
sen ter que esperar que, antes, outros
llelos tivesen que dirixir.
MOITAS GRAZAS YOLANDA POR COMPARTIR CON NÓS
UN ANAQUIÑO DO TEU TEMPO,
E GRAZAS TAMÉN A EDITORIAL XERAIS POR FACER
QUE FOSE POSIBLE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario