Páginas

miércoles, 24 de junio de 2015

Impresos de comedor de xuño

Xa temos os impresos de comedor de xuño. Están á súa disposición en secretaría.

Bo verán!!!!!

domingo, 14 de junio de 2015

ABERTO PRAZO PARA SOLICITAR SER COLABORADOR/A DE COMEDOR PARA O CURSO 2015/16.

O PRAZO REMATA O 28 DE SETEMBRO.

Teñen os impresos para cumplimentar no colexio. Ademáis dos datos persoais hai que cubrir este papel:


Autodeclaración de comedor

Os usuarios/as de comedor teñen que cubrir e entregar no centro cada curso, o MODELO DE AUTODECLARACIÓN facilitado pola Consellería.


martes, 9 de junio de 2015

Publicada a Orde do 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria ou educación especial

miércoles, 20 de marzo de 2013

Alerta por rachas de Vento

A Axencia Estatal de Meteoroloxía Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, durante o día 21 de marzo de 2013, por fortes rachas de VENTO que afectarán a toda a provincia da Coruña.
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas, acordou o seguinte:
A SUSPENSIÓN das actividades no exterior das instalacións do centro escolar situados nos concellos das zonas de predición meteorolóxica do Noroeste, Oeste e Suroeste e interior da provincia da Coruña, que abrangue a totalidade dos concellos da Coruña, con seguimento das condicións climáticas.
Diante da eventual extensión do adverso, prégase que os centros situados na proximidade da costa da provincia de Pontevedra, realicen un seguimento das condicións climáticas.
Solicítase que permanezan atentos á información subministrada a través da páxina web do CAE112 (www.axega112.org) e se extreme a vixilancia por se as condicións meteorolóxicas da localidade de onde se sitúe o centro puideran supoñer un risco superior ao declarado inicialmente.


Para máis información:  http://www.edu.xunta.es/web/node/8829

miércoles, 6 de marzo de 2013

Charla coa Garda Civil sobre os Riscos de Internet

O Martes 5 de Marzo, @s alumn@s de 3º Ciclo presenciaron unha charla sobre os riscos de Internet realizada pola Garda Civil.Aquí temos imaxes sobre este evento:







Tamén temos unha entrada anterior que nos fala sobre esto mesmo, clica aquí abaixo:

http://ceipsigueiro.blogspot.com.es/2012/12/navega-con-rumbo.html