Páginas

jueves, 2 de junio de 2016

CON...CRISTINA PATO!

FAI VARIAS SEMANAS RECIBIMOS
UNHA INVITACIÓN QUE NON PODÍAMOS REXEITAR 
DE NINGUNHA MANEIRA...
PROPUXÉRONNOS ACUDIR AO ENSAIO
DO CONCERTO QUE A
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA ÍA REALIZAR CON CRISTINA PATO
(MULLER GALEGA QUE O ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA
ESTIVO A TRABALLAR)



ACEPTAMOS SEN PENSALO!
 E HOXE NADA MÁIS CHEGAR AO COLE,
SAIMOS CARA O AUDITORIO DE GALICIA
PARA ACUDIR A NOSA CITA.


QUE PRIVILEXIO!
 FOMOS AS ÚNICAS TESTEMUÑAS DESTE GRAN CONCERTO!!!
(ADEMÁIS DA PRENSA, CLARO!)


PERO O MELLOR FOI COMPARTIR CON CRISTINA
AS NOSAS ILUSTRACIÓNS E AS NOSAS VOCES!!!

MOMENTOS QUE VAN PERDURAR NAS NOSAS RETINAS
COMO UN GRAN RECORDO...


DESPOIS DAS DESPEDIDAS, BUSCAMOS NOS ARREDORES DO AUDITORIO,
UN BO SITIO PARA MERENDAR, XOGAR E DISFRUTAR DA NATUREZA;
PASEAMOS POLO PARQUE GRANELL, VISTA ALEGRE E POLA RUTA DO SARELA




ESGOTADOS E FELICES POLOS ACONTECEMENTOS VIVIDOS,


REGRESAMOS AO COLE;
E DENDE AQUÍ QUEREMOS AGRADECER A BÁRBARA
A SÚA IMPLICACIÓN NESTA SAÍDA,
SEN ELA, DE SEGURO, NON SERÍA POSIBLE.

MOITAS GRAZAS BÁRBARA E MOITAS GRAZAS CRISTINA
POR DEIXARNOS DISFRUTAR COA VOSA MÚSICA!!!


2 comentarios:

  1. Que momentazo... Segurísimo que non as nenas e nenos non o esquecen. Contoume un paxariño que Critina Pato case chora da emoción cando as/os peques lle cantaron a ela.
    Tamén lle agradecemos a Bárbara que ese momento fose posible e por suposto a Cristina. GRAZAS

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. UN GRAN MOMENTO QUE ENTRE TODAS AS IMPLICADAS O FIXERON POSIBLE!!
      BRAVO!!!

      SAÚDOS FAMILIA!!

      Eliminar