Na
visita ao Parlamento de Galicia, que é moi grande, había un montón de salas. Unha
delas era unha sala na que había moitas sillas, e nas paredes había uns cadros
con todos os presidentes da Xunta.
Ao entrar pasamos a
unha sala que tiña unha televisión, e puxéronnos un vídeo sobre as leis e
cousas así, e coas diferentes salas que íamos ver. Nos explicaron varias cousas
sobre a entrada principal e as 7 bandeiras das provincias que tiña antes
Galicia.
Despois
entramos ás salas dos partidos políticos, onde discuten as propostas os deputados e deputadas.
Pasamos por uns pasillos nos
que había cadros de importantes pintores
galegos.
Fomos á biblioteca, na que
había moitos libros para traballar os representantes dos partidos políticos.
Despois fomos á sala máis
importante do parlamento: o hemicilio, onde aproban e discuten as leis galegas…
sentámonos onde se sentan os deputados e deputadas, saimos a falar, e algúns dos nosos compañeiros
e compañeiras deron uns pequenos discursos, fixemos como un pleno.
Ao final déronnos unhas
axendas do parlamento.
Cando
acabamos, as doce pasadas, fomos ao parque que hai ao lado do Parlamento, habia
tobogans, un tunel, unha casiña, etc. PASAMOLO XENIAL!!
Proba de elo é esta historia feita en formato cómic, os debuxos e as mellores imaxes do día:
Proba de elo é esta historia feita en formato cómic, os debuxos e as mellores imaxes do día:
No hay comentarios:
Publicar un comentario