Páginas

martes, 18 de diciembre de 2012

Navega con rumbo

Nestas diapositivas presentamos os posibles riscos de Internet.

Navega Con Rumbo

Para ver os vídeos dalgúns dos temas tratados en dita presentación só tedes que clicar no enlace pertinente:

 
1- Coidado con publicar os teus datos persoais:

2- O que subes non o baixas máis:



5- Advertencias co uso da webcam (ten 5 vídeos):

6- Protexe teus datos persoais coma un tesouro:

7- Os datos doutras persoas non che pertencen, PROTEXEOS!:

8- Perigos, riscos e ameazas de Internet:

9- Tes dereito a non dar todos os teus datos persoais:

10- Emprega sempre a Netiqueta:

11- Ciberbullying, non o digas por Internet:

12- Detido un agresivo ciberacosador:

13- Historia dun adolescente ciber-acosado:

NAVEGAR POR INTERNET NON É UN XOGO, COIDA E RESPETA OS DATOS PERSOAIS PROPIOS E OS DEMÁIS.

lunes, 17 de diciembre de 2012

Visita de 6º de Primaria ao Parlamento Galego

O día 3 de decembro fomos todo o alumnado de 6º de Primaria ao parlamento, pode parecer aburrido, pero non o foi, pasámolo moi ben.
Na visita ao Parlamento de Galicia, que é moi grande, había un montón de salas. Unha delas era unha sala na que había moitas sillas, e nas paredes había uns cadros con todos os presidentes da Xunta.
Ao entrar pasamos a unha sala que tiña unha televisión, e puxéronnos un vídeo sobre as leis e cousas así, e coas diferentes salas que íamos ver. Nos explicaron varias cousas sobre a entrada principal e as 7 bandeiras das provincias que tiña antes Galicia.
Despois entramos ás salas dos partidos políticos, onde discuten as propostas  os deputados e deputadas.
Pasamos por uns pasillos nos que había cadros de  importantes pintores galegos.
Fomos á biblioteca, na que había moitos libros para traballar os representantes dos partidos políticos.
Despois fomos á sala máis importante do parlamento: o hemicilio, onde aproban e discuten as leis galegas… sentámonos onde se sentan os deputados e deputadas,  saimos a falar, e algúns dos nosos compañeiros e compañeiras deron uns pequenos discursos, fixemos como un pleno.
Ao final déronnos unhas axendas do parlamento.
Cando acabamos, as doce pasadas, fomos ao parque que hai ao lado do Parlamento, habia tobogans, un tunel, unha casiña, etc. PASAMOLO XENIAL!!

Proba de elo é esta historia feita en formato cómic, os debuxos e as mellores imaxes do día:
                                                                                   Alumnas e alumnos de 6ºB



martes, 30 de octubre de 2012

Chegou o Samaín!

Nesta semana estamos a celebrar o Samaín. Para elo, decoramos todos os espazos do cole con cabazas inspiradas en contos clásicos feitas pol@s nen@s, debuxos, teas de araña, ata temos un recuncho de lecturas relacionadas co tema.

Estos días vir polo colexio, mete moito moito medo!!!!

Mirade:


lunes, 29 de octubre de 2012

Cómo nos inflúen os videoxogos?

Nesta época, co auxe das novas tecnoloxías, a sociedade pregúntase ata que punto son necesarias e cómo nos inflúen nas nosas vidas.  Neste caso, a través deste documental de Redes, observaremos a cantidade de beneficios que poden ter os videoxogos de disparos e acción, para @s nen@s e os que non son tan nen@s.
Ademáis, no final do mesmo, Elsa Punset ensinaranos a limitar os posibles riscos deste videoxogos , tecnoloxías ou soportes dixitais que hoxe inundan as nosas vidas.


lunes, 15 de octubre de 2012

Servizo de Atención ás familias e nen@s con problemas de conduta

Dende o departamento de Orientación, infórmase do "Programa ¡EmPeCemos!" da Universidade de Santiago de Compostela para familias con nenos/as entre 6 e 10 anos que presentan problemas de conduta. Estrutúrase en 12 sesións de dúas horas.


Para @s posibles interesad@s, solicitar máis información:



  •    Teléfono: 881 813 769 (martes de 10:00-14:00 e mércores de 15:30 a 17:30.

ASAC - Asociación de Altas Capacidades

Dende o departamante de Orientación, infórmase de que a entidade ASAC, con sede na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago, realiza talleres de enriquecemento e saídas culturais para estimular as capacidades dos rapaces, proporcionar un ambiente que facilite a convivencia e o desenvolvemento de habilidades sociais.


Para @s posibles interesad@s, solicitar máis información:

  • Teléfono: 661 952 917
  • http://www.altascapacidades.org/
  • e-mail: Nesta web hai un formulario de contacto a través do que se pode solicitar máis información.

jueves, 11 de octubre de 2012

Cata de Queixos Arzúa-Ulloa en 6º

O mércores 6 de outubro e o xoves 7, visitounos Óscar, representante do Consello regulador da denominación de orixe protexida do queixo Arzúa Ulloa.


 O motivo da visita era o ensinarnos a catar queixos, en concreto o que se fabrica no noso ámbito de influencia.
Empezou explicándonos que os consellos reguladores de orixe protexida dos  distintos productos son os garantes de calidade e autenticidade dos productos elaborados baixo o seu control e denominación.
Tamén nos explicou que todos os que chamamos “queixos” non se fan con leite. Hainos que se fan con tona, outros con restos de queixos ou ben de pastas de baixa calidade elaboradas xa para ser fundidas.
Para que sexa un auténtico queixo Arzúa Ulloa debe de ser feito con leite da zona de denominación de orixe e ter un mínimo de sete días de curación. Para un quilo de queixo precísanse entre 8 e 9 litros de leite segundo a época do ano.
Mostrounos nun vídeo como se elabora un queixo nunha queixería e os controis de calidade que se levan a cabo na súa fabricación.
Comprobamos que os únicos ingredientes que leva o queixo son o leite, presoiro, sal e bacterias lácticas que remplacen as que se perden cos tratamentos hixiénico sanitarios que se fan nos muxidos así como coa pasteurización nas fábricas.
Unha vez que se fai a masa do queixo, córtase para desorala e prénsase para axudar a eliminación do soro que podería afectar a acidificación do queixo.O colocar una gasa que envolva a masa no prensado axuda ao desorado .
Despois da prensa, o queixo pasaás cámaras onde estará un mínimo de sete días para que sexa un auténtico Arzúa-Ulloa.
A continuación pasamos a unha fase máis práctica na que aprendemos a valorar determinados aspectos dos queixos para valoralos. Estes foron: o aspecto externo, color olor, untuosidad, sabor.
Empezamos valorando un queixo que aínda non era un Arzúa Ulloa por teren tan so un día.
Externamente era moi blanco, de textura corchuda, ulido a iogurt ou leite, ao tocalo era recio e deixaba a man mollada polo soro que aínda tiña e por último o seu sabor. Rico!!!
Pasamos a catar un de 1 semana de curación. Por fóra era máis amarelo. Desaparecera o seu tacto corchudo e era máis blandiño. Xa non ulía tanto a iogurt, o seu olor era máis parecido ao da manteiga e, ao pasarlle o dedo por riba, tiña un tacto máis untuoso, como una crema.
E, xa por último, catamos un dun mes de curación.Era máis dourado, o olor a manteiga era máis forte, o tacto era cremoso, e, a verdade….Estaba riquísimo!!!.
Esquecía contarvos que cando acabábamos a cata dun queixo para pasar ao seguinte, limpábamos a boca comendo un anaquiño de mazá ou pan torrado sen sal e bebíamos un groliño de auga e así non confundir características dun cas do outro.
Finalmente fixemos una rolda de preguntas nas que Óscar nos foi aclarando as nosas curiosidades e dúbidas.

Aquí temos as mellores imaxes da clase de 6ºC:

martes, 25 de septiembre de 2012

Calendario escolar 2012/2013

Aquí vos achegamos o calendario escolar para este curso. Cabe resaltar que o centro escolleu o 7 de Decembro e o 20 de Maio como días non lectivos para este curso.

Para máis información podedes entrar na seguinte ligazón: Calendario escolar

Tamén podedes observar e imprimir este pequeno calendario:


martes, 18 de septiembre de 2012

Normas de funcionamento 2012/13


O alumnado entrará no recinto escolar polo portalón como máximo 10 minutos antes do horario lectivo e os transportados tan pronto como cheguen no transporte escolar. Permanecerán no patio ata a hora da entrada, ao tocar o timbre. Nas filas, situarase diante o alumnado transportado. 
Rogamos as nais e pais que acompañan aos seus fillos e fillas ao colexio que deixen libres os accesos ás mesmas.
Tamén lles pedimos ás nais e pais cuxos fillos/as son usuarios de transporte, que non acompañen habitualmente aos mesmos ata o centro. O motivo é o grande número de vehículos e persoas que se xunta na entrada, xa que somos actualmente 627 matriculados no colexio.
O alumnado que, reiteradamente, chegue tarde, incorporarase ao seu grupo na sesión seguinte, para non interrumpir o normal desenvolvemento da mesma.
Ningún alumno ou alumna poderá abandonar o recinto escolar sen asinar a autorización pertinente. As autorizacións están a súa disposición na conserxería do centro de primaria. Recordamos que non se pode abandoar o colexio en xornada lectiva sen unha causa xustificada.
Os usuarios do servizo de transporte deberán avisar no Centro e a persoa acompañante cando non utilicen o servizo.
Segundo a Orde de 22 de xullo de 1997 (DOG 2 de setembro), por motivos de seguridade: “Non poderá acceder ningunha persoa aos espacios didácticos incluídos corredores en horario escolar sen a debida autorización”
Prégase a todos os pais e nais que sexan puntuais á hora de recoller aos seus fillos e fillas.
O comedor escolar funciona dende o 12 de setembro ata o 21 de xuño e neste curso coma no anterior hai mais usuarios que prazas, polo que só poderán comer os usuarios lexitimos de transporte, aqueles que residen a máis de 2 Km do centro.

lunes, 17 de septiembre de 2012

Comezamos un novo curso!!!

Neste curso 2012/2013, coma todos os anos, temos, ademáis dos que xa coñecemos, compañeir@s e mestres/as novos cos cales trataremos de aprender, xogar e convivir do mellor xeito para desfrutar deste curso.

Achegámosvos este vídeo co fin de desexarvos o mellor para este curso, que vivades moitas destas experiencias no noso colexio e sobre todo, que acadedes un dos principais obxectivos da vida, tanto sexades aínda moi pequenos, coma dos que xa non o sodes tanto: ser felices!!!


Aprender a ser feliz from DaBeat on Vimeo.